Hai 5 anos que Mozilla lanzou oficialmente o Firefox 1.0, e por iso organizaron unha campaña pensando en potenciar a visibilidade deste navegador web que conta cuns 330 millóns de usuarios en todo o mundo (case a cuarta parte dos internautas), está dispoñible en 70 idiomas e conta con máis de 7.000 engadidos para personalizar a experiencia de navegación.
Para celebrar o aniversario do Firefox, por todo o mundo celebráronse distintos tipos de eventos, coma festas nas que levaban tortas decoradas co logotipo do Firefox ou simples actos nos que proxectaban o devandito logotipo sobre distintas superficies para reivindicar o navegador da Fundación Mozilla.
Actualmente o Firefox xa está establecido como a principal alternativa ao Internet Explorer coma navegador web, e está a enfrontarse ao reto de transformarse nun navegador apto para o seu funcionamento en terminais de telefonía móbil.
Vídeo no que contan a historia do Firefox
Pandas vermellos no Zagreb

Este tipo de firefox é un animal en perigo de extinción, do que calculan que quedan só uns 2.500 exemplares adultos, número que vai en descenso, sendo tamén bastante pouco habitual o seu nacemento en catividade.
O navegador web Firefox celebra o seu 5º aniversario
Compartir Este Artigo
