Durante os últimos días, ao facer buscas en Google, podiamos ver coma o logotipo do buscador estaba invadido por personaxes de Barrio Sésamo, como as patas da galiña Caponata, o Conde sinalando a un logotipo de Google formado por números, a Epi e Blas e incluso a unha morea dos personaxes do programa televisivo rodeando o texto da cabeceira do buscador, deseños que agora recompilan para celebrar o 40º aniversario do programa de televisión que educou a varias xeracións de nenos de todo o mundo en conceptos coma os números, as distancias ou o alfabeto.
Pero Barrio Sésamo non é o único aniversario que celebran estes días no logotipo de Google, senón que tamén fixeron o propio co 50º aniversario das aventuras de Astérix e Obélix.

Google celebra o 40º aniversario de Barrio Sésamo
Compartir Este Artigo
