Caixanova e Mercacevi veñen de unir forzas no camiño de impulsar o comercio local en Vigo a través das novas tecnoloxías da información. Así o fixeron saber estes luns ámbalas dúas entidades durante a sinatura dun acordo (na imaxe) que, entre outras cousas, inclúe unha estratexia de cooperación en determinados aspectos de banca electrónica. Máis polo miúdo, a través do emprego da plataforma Enova (servizos bancarios en liña de Caixanova). Co uso desta canle, os membros e asociados da Federación de Mercados Centrais de Vigo (Mercacevi) poderán controlar en tempo real e sen que sexa preciso estar na oficina tódolos servizos contratados coa entidade financeira galega, amais de levar a cabo operacións como a consulta de movementos de contas e tarxetas, traspasos e transferencias ou compravenda de divisas.
Asemade, informaron as dúas entidades durante a sinatura do acordo, cómpre salientar que o servizo de caixa en liña da banca galega permítelle ao usuario a consulta dos datos xerais das súas liñas de desconto, as remesas transmitidas e datos de risco e o chequeo da situación dos seus efectos.
Caixanova leva a banca dixital a mercados e comercios de Vigo
Compartir Este Artigo
