Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os decodificadores de TDT accesibles para persoas con discapacidade poranse á venda a finais deste mes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os decodificadores de TDT accesibles para persoas con discapacidade poranse á venda a finais deste mes

Raquel Noya
Publicado: 12/01/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

TDT_accesible.jpgCo principal obxectivo de facer a Televisión Dixital Terrestre (TDT) accesible para toda a cidadanía sen excepcións (como debería ser con todas as cousas, incluída a tecnoloxía) o Ministerio de Industria vén de desenvolver, a través de INTECO, un software que, incorporado a un receptor de TDT, permite que as persoas con discapacidade visual e auditiva poidan beneficiarse das vantaxes que ofrece a nova televisión. Estes decodificadores de TDT accesibles para todos, poranse á venda a partir de finais deste mes e posto que o seu sistema de software está desenvolvido en español e en inglés, a tecnoloxía poderá ser internacionalizada, permitindo romper en todo o mundo as barreiras ás que teñen que enfrontarse as persoas con algunha discapacidade deste tipo. O motor de síntese de voz deste dispositivo é quen de ler os menús de configuración e as listaxes de programación das canles, ao tempo que mellora a lectura do subtitulado dos programas e películas. Neste sentido, as persoas beneficiarias poderán cambiar o tamaño da letra, a velocidade da voz e a cor dos subtítulos. Asemade, a TDT accesible ofrecerá a posibilidade de grabar programas así como permitir o control parental para restrinxir as canles que non se consideren recomendables para menores. O proxecto conta cun presuposto de 500.000 euros e beneficiará directamente, segundo informan dende o devandito Ministerio, “a unhas 100.000 persoas con discapacidade visual e ás súas familias”, porén aínda se descoñece en que establecementos se poderá adquirir e a que prezo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?