
Entre as características que confirma Calacanis estaría unha pantalla OLED, sintonizador de televisión de alta definición con gravación integrado, dúas cámaras, panel solar para recargar o trebello, thumbpads laterais para realizar xestos de rato, compatibilidade co teclado sen fíos de Apple, identificación mediante pegadas dixitais para ata 5 persoas, conectividade 3G e Wi-Fi, saída de vídeo, unha versión do sistema operativo do iPhone con capacidades multi-proceso, moi axeitado para a lectura da prensa, unha autonomía moi boa en modo de lectura de e-books pero de só 2-3 horas se facemos uso do Wi-Fi ou xogos, e cun prezo que partiría dos 599 dólares (aínda que coa posibilidade de mercar modelos con máis pantalla e memoria por 699 e 799 dólares).
Estas informacións non son moi cribles para moitos expertos, pero o que si está claro é que Apple vai presentar un tablet, pois incluso Terry McGraw, director xeral de McGraw-Hill, confirmou tal información a pasada noite na CNBC:
Jason Calacanis difunde moitos detalles do que podería ser o tablet de Apple
Compartir Este Artigo
