Moitos son os usuarios da rede P2P BitTorrent que toman control remoto da súa aplicación de descargas dende o seu centro de traballo ou estudo para poder engadir ficheiros a descargar para telos completos cando chegan de volta ao fogar, pero para facer tal habitualmente é preciso ter certa pericia, o que ReactorFeed podería converter en cousa do pasado, xa que este servizo obra da xente de ShareReactor permite a creación de fluxos RSS cos torrents que o usuario defina, de xeito que así poden programar o seu cliente de BitTorrent (coma µTorrent) para que descargue os ficheiros que apunte a listaxe xestionada en liña por ReactorFeed.
Deste xeito, non é preciso configurar o router do noso domicilio, non hai que crear excepcións nunha devase (firewall), nin hai que instalar aplicacións adicionais para automatizar a carga remota de ficheiros dispoñibles a través de BitTorrent.
Os fluxos creados en ReactorFeed poden configurarse coma públicos ou coma privados, de xeito que tanto poden empregarse para uso persoal ou para compatir entre un grupo de usuarios con intereses comúns.
ReactorFeed facilita a descarga remota de torrents
Compartir Este Artigo
