iCall é a primeira aplicación para o iPhone que engade o soporte de VoIP a través de 3GO lanzamento do iPad trouxo consigo a renovación do SDK para iPhone OS, de xeito que permite a adaptación das aplicacións actuais ao novo trebello de Apple, pero tamén elimina unha das limitacións do iPhone, que agora permite a realización de chamadas a través de VoIP mediante conexións 3G, posibilidade que estrea a aplicación iCall, que fai posible as chamadas internacionais no iPhone dende calquera lugar con cobertura 3G a uns prezos competitivos, aínda que é de agardar que nos vindeiros días sexan moitas as aplicacións deste tipo que xa permitían comunicacións por voz valéndose da conectividade Wi-Fi que aparezan actualizadas salvando unha dos principais atrancos que Apple puña nos seus camiños (posiblemente por presións das operadoras de telefonía móbil coas que tiña contratos de exclusividade).