Agora podemos ver vía web a ficha oficial da App Store do xogo Battle of PuppetsEn novembro Apple decidiu que as ligazóns que levan ao acceso de música a través de iTunes deixaran de ser invisibles na web, e amosasen unha ficha dende a que poder pre-escoitar temas musicais, así como amosar a portada dos discos aos que pertencen e unha breve descrición de texto, o que mellora a experiencia de uso e dálle moito máis peso de cara aos buscadores da Internet coma Google, e en vista do éxito desta apertura de iTunes, lévana agora ás aplicacións para iPhone e iPod Touch, de xeito que é posible ver unha descrición completa dos programas á venda na App Store antes da súa adquisición, xunto con capturas de pantalla das mesmas, o que agradecerán moitos usuarios que queiran ver cómo é unha aplicación para o seu terminal cando están a utilizar equipos informáticos nos que non está instalado iTunes. Os desenvolvedores de software serán os máis beneficiados por esta ampliación do servizo de vistas previas de iTunes, por mellorar a visibilidade dos seus produtos, coma podemos comprobar no caso do xogo galego Battle of Puppets, do que podemos achegar unha completa descrición e distintas capturas de pantalla e comentarios grazas a este servizo web.