Dende Vodafone continúan a súa aposta por fusionar as actuais redes sociais cos móbiles na súa plataforma Vodafone 360, que xa conta con varios terminais que operan co sistema operativo LiMo, móbiles que funcionan baixo S60 e agora tamén para Android (comezando polo novo Sony Ericsson Xperia X10), o que conseguen a través de Vodafone People, unha axenda conectada dispoñible para máis de 80 terminais, e que permite sincronizar os enderezos e contactos con distintas redes sociais, facendo tamén copia de seguridade de todos eles.
A aplicación ten unha excelente integración con Facebook, pero tampouco deixa de lado a Twitter e tamén á española Tuenti, sendo esta última novidade especialmente ben recibida por parte dos mozos, habituais desta plataforma.
Para impulsar esta nova plataforma, Vodafone tamén chegou a un acordo con Todoebooks, para distribuír boa parte do seu catálogo de libros electrónicos dispoñibles a un prezo inferior a 10 euros cun prezo de entre o 30 e o 50% debaixo do prezo da súa edición en papel. Este servizo estréase con 100 títulos en español.
A plataforma Vodafone 360 estréase en Android e incorpora soporte de Twitter e Tuenti
Compartir Este Artigo
