Sala de control de Gol TelevisiónA estratexia de Mediapro de cara á TDT de pagamento parece aclararse finalmente, e o responsable da compañía, Jaume Roures, anunciou en Toledo que preparan unha plataforma que incluirá entre 4 e 8 canles diferentes polos que o espectador debería pagar entre 20 e 25 euros/mes e que incluirían «bo cine americano, boas series, unha canle infantil e Gol Televisión», agardando que esta última canle sexa a que arrastre á meirande parte de usuarios a contratar esta oferta. Roures considera que o feito de que en cousa dun mes a práctica totalidade dos fogares españois teñan TDT pode ser chave para poder lanzar produtos exclusivos por tal canle, que tería un público potencial maior que o satélite, o cable e o ADSL.