A combinación de GPS, compás dixital e cámara do iPhone 3GS convérteo nun interesante dispositivo capaz de presentar contidos de realidade aumentada, e aproveitando este potencial chega a aplicación WorkSnug, que axuda a localizar puntos de acceso Wi-Fi que permitan o acceso á Rede de balde, aínda que tamén pode consultarse tal información nun mapa bidimensional.
Por desgraza, esta interesante ferramenta que axuda a localizar lugares desde os que acceder á Rede de balde só ten rexistrados puntos de acceso de Londres e Barcelona, polo que a súa aplicación aínda estaría moi limitada.
Vídeo de presentación de WorkSnug
WorkSnug axuda a localizar conexións Wi-Fi de balde dende o iPhone 3GS
Compartir Este Artigo
