A Comisión Europea finalmente autorizou a adquisición do negocio de busca
de Yahoo! por parte de Microsoft tras constatar que tal operación
non terá un impacto negativo, senón que permitirá que Microsoft compita de
xeito máis eficaz con Google, buscador que acapara o 90% do negocio das buscas
dentro da Unión Europea. O Departamento de Xustiza de EE.UU. tamén manifestouse
no mesmo sentido, polo que en breve concretarase a alianza entre as dúas
empresas norteamericanas.
Microsoft poderá adquirir o negocio de busca de Yahoo!
Compartir Este Artigo
