A última compilación do Ubuntu 10.04 Lucid Lynx Alpha 3 sorprendeu ao incorporar por defecto soporte do terminal iPhone 3GS, de xeito que pode navegarse polo seu sistema de ficheiros a través do xestor de arquivos Nautilus e incluso opera co reprodutor multimedia Rythmbox, de xeito que Ubuntu podería abrir unha interesante alternativa a iTunes, coma xestor multimedia para os terminais de Apple (o soporte tamén incluiría o iPod Touch e outros modelos de iPhone).
Queda por ver se finalmente dende Apple non ven ameaza nesta nova prestación dunha das distribucións de Linux máis populares, ou se toman medidas coma fixeron no seu día co Palm Pre (por incorporar compatibilidade con iTunes sen autorización por parte da compañía de Cupertino).
Ubuntu Lucid Lynx incorporará soporte nativo para iPhone e iPod Touch
Compartir Este Artigo
