Dende o pasado mes de setembro, os mapas de Google incorporan páxinas de lugares, de xeito que recóllense máis de 50 millóns de establecemento que van dende locais de hostalería ata museos e escolas, dos que 4 millóns inclúen información actualizada polos seus responsables, e continuando nesta liña anuncia que os Google Places están a evolucionar, e actualmente xa permiten incorporar información sobre os horarios dos negocios, inserir fotografías e vídeos, incorporar cupóns, ofertar produtos… unha serie de posibilidades alimentadas polo potencial da busca local, ás que agora súmanse as seguintes características: – Áreas de servizo: para indicar as zonas ás que ofrécese un servizo en concreto (podendo incluso manter o enderezo do negocio coma privado) – Un novo e sinxelo sistema de publicitarse: por 25 dólares/mes os negocios dalgunhas cidades (polo momento, de EE.UU.) poderán aparecer destacados en Google.com e Google Maps – Imaxes dos negocios: nalgunhas localidades poderá encargarse a realización de fotografía do interior dos establecementos de xeito gratuíto – Códigos QR personalizados: dende o panel de control de Google Places, os locais norteamericanos poderán descargar un código de barras bidimensional que os identificará e que poden colocar en tarxetas de visita ou material publicitario para que os usuarios de certos móbiles poidan acceder á versión móbil da páxina do establecemento en Google – Lugares favoritos: iniciaron unha segunda quenda para o programa Favorite Places, de xeito que incorporarán a 50.000 novos negocios no mesmo, remitíndolles por correo un pequeno cartel que poden pendurar no seu establecemento e no que figura o código QR correspondente ao mesmo.
Google Places tamén leva uns meses permitindo as actualizacións en tempo real (de xeito que serven para dar a coñecer promocións puntuais). En definitiva, que Google segue a reforzar a súa plataforma de buscas orientadas ao ámbito local, que cada vez cobra máis pulo grazas aos smartphones con GPS.
Con Google Places os establecementos comerciais poden personalizar a súa presenza en Google Maps
Google reforza a súa aposta pola busca local
Compartir Este Artigo
