Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Rede CeMIT na súa aposta pola formación en tecnoloxía á vez que comentamos a celebración dos 25 anos da CRTVG ou as xornadas sobre o DNIe que terán lugar nas súas aulas. Tamén facemos un pequeno repaso ás novidades na innovación galega.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes: – O certame Lingua de Amor para a promoción do galego na Rede comeza unha nova andaina – O noso turismo rural aposta pola actividade do geocaching – Achegamos a crónica da pasada edición de Xuventude Galicia Net – A Universidade de Vigo apoia o desenvolvemento da escola do futuro – En marcha a nova páxina web do Campus do Mar – O salón SITE levará á Coruña o máis salientable da innovación TIC – Entrevista a Jorge Cebreiros, presidente de Ineo – Quotidiania Delirante, premiada nos Mestre Mateo – Os novos móbiles de Microsoft – As novas tecnoloxías interesan cada vez máis entre a terceira idade
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
