Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Nosa Terra apostará polo formato virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Nosa Terra apostará polo formato virtual

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/09/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

anosaterra-org_semanario.jpgA Rede non é só acubillo, pero ás veces funciona como tal. O curioso do asunto é que ten capacidade para darlle vida e preservar proxectos cos que a priori chocaba: os que tiñan formatos de comunicación tradicional. Este foi o caso dun bo número de xornais e revistas de tódalas índoles e procedencias que ao longo dos últimos anos apostaron pola Rede como vía de supervivencia perante a crise de lectores en papel. O camiño non está pechado, nin moito menos, e nos últimos días fomos testemuñas dun triste cese editorial, o do xornal en papel A Nosa Terra, e da conseguinte procura na Rede dun futuro para o histórico medio galego.
Segundo conta El País nunha completa reportaxe sobre a situación presente e vindeira da histórica publicación galega, todo apunta a que A Nosa Terra afianzarase na virtualidade que xa bosquexou ao longo destes anos na súa web.
Este novo paso do xornal, anunciado tras entrar en concurso de acreedores e renunciar á súa edición semanal en papel (por primeira vez en tres décadas), responde á crise na que se ve inmerso, unha crise que a xuízo da editorial (Promocións Culturais Galegas) débese á falta de liquidez e á imposibilidade de renegociar a débeda.
A nova andaina de A Nosa Terra, como dixemos, vai pasar por unha maior aposta polo formato dixital. O xornal, que aínda non vai botar o peche, ten un equipo humano de 28 persoas. A idea é proseguir como xornal en liña e coa súa principal fonte de negocio, a edición de libros en galego, malia que esta actividade, din, sexa “outra empresa en extinción”. Dende aquí aproveitamos para desexarlles a mellor das sortes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?