Os afeccionados á cociña teñen moitas posibilidades na web á hora de descubrir novas receitas e compartir experiencias con persoas con inquedanzas semellantes, o que levou a 18 blogueiros gastronómicos a abrir as súas cociñas e compartir os seus recordos e pratos para distintas ocasións (cociñar para os amigos, momentos íntimos, mañás no mercado, o día a día no traballo ou na escola…) a través dunha aplicación para iPhone (optimizada na súa última versión para o iPhone 4) que pretende emular os cadernos que as nosas nais e aboas elaboraban con receitas propias e recortes de revistas.
Open Kitchen ESP é unha aplicación que está á venda por 1,59 euros na App Store, chegando a situarse no primeiro posto de España entre as aplicacións de pagamento na categoría de Estilo de vida (e no posto 37 en xeral), o que é todo un logro para esta ferramenta móbil con corazón galego, pois parte dunha idea de Rodrigo Varela Tabuyo, o blogueiro que está detrás de Por mis fogones, contando tamén co deseños de aplicación e web dos galegos Marta Paz e Artur Cousiño.
Esta iniciativa pioneira en España recolle máis de 250 receitas típicas de cada comunidade, «contadas e cociñadas con todo o cariño», e atópanse clasificadas en 12 categorías, divertidas e orixinais.
Os blogs que uniron as súas forzas nesta aplicación para iOS son os seguintes: – Fashion, fusion and food – Con los cinco sentidos – La cuina vermella – Chafardeando en la cocina – Pirata de Ikea – Pasen y degusten – Tentaciones – Coses de Can Loi i altres herbes – Los pecados del monaguillo – A ver qué cocinamos hoy – Con delantal – Mercado Calabajío – A las 3 de la tarde – Recetas de rechupete – Webos fritos – El monstruo de las galletas/ – El comidista
E para dar a coñecer esta orixinal aplicación, o seu máximo responsable tivo a ben gravar un vídeo moi orixinal no que prepara 18 blogueiros á pota para iPhone:
Unha nova aplicación para iPhone recolle receitas de 18 blogueiros gastronómicos
Compartir Este Artigo

