Onte a App Store recibiu sen ningunha publicidade unha aplicación para iPad do diario El País, que xunta as novas actualizadas ao minuto deste medio, e que así poden consultarse de xeito doado dente o tablet de Apple, repartindo a información en novas por seccións (Internacional, España, Economía, Tecnoloxía, Ciencia, Deportes, Sociedade, Saúde, Educación, Xente e TV, Opinión, Viñetas, Cultura, Cine, Música, O máis visto e O máis enviado), fotografías e vídeos, facilitando tamén o acceso aos blogs de El País, ás últimas novidades de Eskup, facilita compartir os contidos do xornal dixital a través de correo electrónico, Twitter e Facebook e incluso permite escoitar as emisións de radio en directo da Cadena SER e Los 40 Principales.
A navegación polos contidos desta nova ferramenta é moi doada e intuitiva, resultando especialmente recomendable para os lectores de El País que desexen ter unha experiencia de lectura móbil e de balde.
El País estrea aplicación para iPad
Compartir Este Artigo

