A elaboración de aplicacións con información meteorolóxica en tempo real será agora máis doado grazas ao cambio de política da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que vén de facer libres os seus datos de observación mediante vía electrónica, co que pretenden dinamizar tanto a I+D como moitas actividades ligadas á meteoroloxía.
Con estes cambios a AEMET incrementa de xeito notable os contidos de datos de observación ao tempo que pon en funcionamento un servidor de ficheiros dende o que descargar os datos en bruto con datos dezminutais das 250 estacións de observación das redes de superficie de AEMET, resumos diarios de máis de 600 estacións observadas, datos horarios de radioción solar, datos diarios de ozono total e sondaxes semanais de ozono, datos dezminutais das redes de radares e de detección de raios a intervalos de 15 minutos, saídas numéricas do modelo de predición HIRLAM-AEMET actualizadas 4 veces ao día (con máis de 1.000 campos de saída), series completas de resumos diarios e mensuais dunhas 110 estacións climatolóxicas seleccionadas con, cando menos 15 anos de antigüidade e boletíns codificados de observatorios españois de intercambio internacional.
A AEMET abre ao público os seus datos meteorolóxicos
Compartir Este Artigo
