Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención a Coremain e o seu traballo no Proxecto ABALAR achegando portátiles convertibles a nenos de primaria, á vez que falamos co seu director xeral, Manuel Balseiro.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes: – EGANET entrega os seus premios 2010 en Santiago de Compostela – Modernización impulsa o afianzamento definitivo da Administración Electrónica – Emetel convocou aos concellos galegos para facilitarlles a xestión e o aforro – Ourense presenta acceso público Wi-Fi – Microsoft e Audicon presentan en Compostela tecnoloxía de asesoramento para as empresas – José Ramón García, presidente de Blu:sens, fálanos da experiencia internacional da empresa que dirixe – O satélite Ka-Sat podería abaratar o acceso á Rede e contribuír a universalizala – O comercio de Padrón presenta unha plataforma de vendas en liña – Estréase O Soldadiño de Chumbo en versión multi-formato para iPad – Mostra sobre Super Mario Bros na Coruña
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
