A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Zaragoza absolveu ao administrador da coñecida páxina web Zackyfiles pola publicación nos seus foros de ligazóns a informacións que facilitarían o acceso a contidos de televisión por satélite de pagamento, no que xa é unha sentenza firme.
A acusación (Canal Satélite Digital e Nagravisión) solicitaban unha pena de 4,8 anos de cadea e unha multa de 7,5 millóns de euros por facilitar as chaves para desprotexer o sinal de Digital+, pero en Zackyfiles non se publicaba directamente o material para tal fin e incluso as súas normas de uso prohibían ese tipo de contidos, polo que esta sentenza serviría para confirmar que os provedores de servizo (neste caso, un foro) non son responsables do que fan os seus usuarios.
O avogado defensor, Carlos Sánchez Almeida, ilustrou a ausencia de responsabilidade do prestador de servizo comentando que «de non ser así, podería vir alguén que metese pornografía infantil, por exemplo, e conseguir que o pechen».
Digital+ perde un xuízo contra a páxina web Zackyfiles
Compartir Este Artigo
