
Este ano o estudo prestou especial atención a cuestións como a opinión sobre a privacidade nas redes sociais, a percepción sobre as tarifas planas, o impacto dos móbiles no sector ou os equipos tipo tablet.
Entre os resultados da enquisa podemos ver como na cualificación de problemas manifestados polos consultados destaca en primeira posición o custo da conexión á Rede, que medrou 4,1 puntos con respecto ao ano pasado chegando a ser denunciado polo 57,8% dos enquisados, quedando a velocidade das conexións nun segundo lugar (co 52,5% dos consultados).
As redes sociais tamén ocupan un lugar destacado, e o 60,3% dos usuarios aseguran que fan uso das mesmas diariamente, o que supón un incremento espectacular da súa utilización, que limitábase ao 43,5% de hai un ano e ao 28,6% de hai dous. Dentro destas plataformas, Facebook mantén o seu liderado co 90% dos usuarios, quedando Tuenti no 26,2% e Twitter no 21,9% (cun incremento interanual de preto de 10 puntos).
Os móbiles tamén manteñen o seu peso, e o 49,7% dos consultados aseguran conectarse a través deste tipo de dispositivos, que son empregados principalmente para navegar pola web (81,3%) e consultar o correo electrónico (78,7%), aínda que as redes sociais (53,5%), a lectura de novas (47,8%), a mensaxería instantánea (36,3%), a banca electrónica (25,5%), a visualización de vídeos de YouTube (37,1%) ou a publicación de fotografías (23,7%) tamén están a converterse en usos moi habituais dos móbiles conectados á Internet.
No tocante ao consumo audiovisual cómpre destacar que o 54% dos internautas consideran que o seu modelo preferido de acceso a contidos protexidos por copyright é de balde sen cortes publicitarios, manifestando tamén unha oposición ao canon dixital (20,8%), aínda que resulta igualmente destacable o feito de que o intercambio de contidos a través de redes P2P caeu ata o 21,4% (fronte ao 45,8% de 2006) pola alta penetración de servizos que permite escoitar música ou ver películas e series de televisión sen descargalas previamente.
A última Enquisa a Usuarios de Internet destaca a importancia dos móbiles conectados e das redes sociais
Compartir Este Artigo
