Con certa antelación Apple vén de publicar a actualización de boa parte dos seus dispositivos (iPhone, iPod Touch e iPad) a iOS 4.3, que soluciona certos problemas detectados en versións anteriores e que inclúe nova versión do navegador web Safari (cunha importante mellora de velocidade na execución de JavaScript), engade a funcionalidade iTunes Home Sharing (que facilita o acceso a contidos multimedia almacenados nun ordenador que teña iTunes 10.2 ou posterior), melloras en distintas aplicacións, a posibilidade de elixir a función do interruptor lateral do iPad (para silenciar o volume ou bloquear a rotación do escritorio) e, moi especialmente, a posibilidade de funcionar coma un hotspot persoal, ou sexa, permitindo compartir a banda larga móbil do iPhone a través de Wi-Fi con outros dispositivos, o que nos EE.UU. depende da operadora que empreguemos (nalgún caso esta característica só está presente se temos contratadas certas tarifas) pero que en España parece estar accesible con normalidade como tamén se fai nos dispositivos con Android (que teñen tal función dende hai bastantes meses).
O iOS 4.3 permite compartir o acceso á Internet do móbil a través de Wi-Fi
Compartir Este Artigo
