Tras o éxito de Flipboard, a revista social para iPad que para moitos usuarios mudou o xeito de consumir contidos creando unha publicación en función dos contidos que comparten os seus amigos en Twitter e Facebook, chega agora Zite, unha aplicación que constrúe unha revista personalizada no iPad facilitando a achega de artigos de páxinas web e blogs, así coma vídeos e moita outra información que a propia ferramenta escolle por nós, para o que pode valerse da sincronización coas nosas contas en Twitter e Google Reader.
Aparte do atractivo formato que Zite dá aos contidos que poden resultar do noso interese, tamén axiliza a súa lectura por amosala dun xeito áxil que resulta familiar para os lectores afeitos aos medios impresos.
Por desgraza, a ferramenta está optimizada para informacións en inglés, polo que mentres non a adapten a súa utilidade para boa parte do público global será sumamente limitada, algo que non acontece con Flipboard (aplicación que non realiza filtrados de contidos).
Presentación en vídeo de Zite
Zite, a nova revista personalizada para iPad
Compartir Este Artigo
