O vindeiro mércores ás 18:00 horas na Sala de Conferencias do Edificio Multiusos de Melide, a Deputación da Coruña e o Concello presentarán oficialmente o programa PARNET-TIC, que desenvolverase en 3 concellos da provincia e a través do que impartiranse cursos de formación gratuíta sobre administración electrónica, trámites pola Internet e o manexo das novas tecnoloxías informáticas.
Os veciños de Melide terán á súa disposición no Edificio Multiusos unha aula na que asesorarse, formarse e mellorar os seus coñecementos sobre a participación electrónica e a eAdministración, grazas a esta iniciativa financiada a través do programa europeo SUDOE-FEDER.
A aula melidense contará cun dinamizador dispoñible para o público entre as 10:00 e as 13:00 horas para ofrecer todo tipo de información sobre a programación formativa e resolver as dúbidas que poidan xurdir.
O programa PARNET-TIC difundirá a participación electrónica e a eAdministración en 3 concellos coruñeses
Compartir Este Artigo
