Esta noite o xornal The New York Times vai activar o seu servizo de subscrición dixital, de xeito que os usuarios que queiran gozar dos contidos da publicación na Internet deberán pagar 15 dólares cada 4 semanas de acceder aos mesmos vía web ou a través dunha aplicación para móbiles,20 dólares para acceso web e a través da aplicación para tablets e 35 dólares para un acceso dixital total, aínda que para facer máis doada a transición ao novo modelo de pagamento as primeiras 4 semanas de subscrición en calquera das 3 opcións existentes custarán 99 centavos.
Os subscritores á edición impresa do xornal terán acceso de balde á versión dixital, á vez que tamén están a preparar plans de desconto dentro dos programas de lectura de xornais de varios centros educativos, mentres que os usuarios de balde poderán acceder a un máximo de 20 artigos ao mes, mentres que nas aplicacións móbiles serán de balde as novas incluídas en portada.
Aínda que pareza que con este cambio de rumbo The New York Times está a repetir un erro do pasado (este xornal xa fora de pagamento durante un par de anos, como aconteceu en España co diario El País), pero desta volta mudan lixeiramente o sistema, de xeito que os seus contidos non están totalmente pechados á web, o que permitirá que manteñan certo peso na Rede, aínda que en vista da mala aceptación que está a ter o xornal para iPad The Daily, parece difícil que este paso da cabeceira norteamericana sexa atinado, pero o que sen dúbida están a conseguir coa medida é a reapertura do debate sobre a necesidade de mudar o modelo de negocio da prensa na Internet.
The New York Times volve a ser de pagamento na web
Compartir Este Artigo
