Os laboratorios de Google incorporaron un novo experimento para a versión en inglés do seu buscador que consiste nun botón que reza +1, e que serve para que os usuarios identificados cunha conta de Google poidan etiquetar os contidos que queiran recomendar entre os resultados das súas buscas, de xeito que os seus amigos verán esas mesmas ligazóns marcadas cun +1 no que detallan a persoa que fixo tal recomendación, engadindo valor e creando unha nova capa social.
Os enderezos recomendados a través do botón +1 tamén poden consultarse na páxina web do perfil de usuario de Google que teñan os usuarios deste experimento, e as empresas tamén poden engadir o novo botón ás súas páxinas web e á súa publicidade dun xeito semellante a cómo se fai actualmente co botón de Gústame de Facebook, aínda que este novo paso na implantación do novo botón aínda non está aberto ao público, podendo os interesados en empregalo inscribirse para recibir unha notificación cando estea dispoñible.
Vídeo de presentación do novo botón de Google
Google experimenta cun novo botón social
Compartir Este Artigo
