
Dende a dirección de PC City España están a explorar todas as vías posibles para buscar solucións que permitan salvar o meirande número posible de empregos. A compañía tamén destacou que o seu cese de actividade non afectará ás garantías e obrigas que a empresa contraeu cos seus clientes, asegurando que cumprirán con todas as prestacións previstas nos programas de servizo.

En 2009 a compañía xa aplicara un ERE que afectou a 215 empregados e 10 tendas, aínda que as súas actividades en Galicia (concretamente nas cidades de A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela) non se viran afectadas, pero nos últimos días algúns dos establecemento xa iniciaran liquidacións de produtos, e durante a última semana celebraron os Días Morados, promoción a través da que ofrecían un 25% de desconto nos seus produtos en tenda e web.
PC City pechará as súas tendas en España
Compartir Este Artigo

