Os amantes da literatura infantil e xuvenil teñen agora unha nova ferramenta para descubrir novas obras a través da Internet, El Libredón de Soldedad Felloza, un espazo na web que opta polo formato do videoblog para dar a coñecer manifestacións artísticas relacionadas cos contos, para prosperar na sensibilización de nenos e mozos, recollendo as novidades en galego e español, así como algunha curiosidade que a autora do Libredón, a actriz e contacontos Soledad Felloza atopa en feiras do libro repartidas polo o mundo, de xeito que incluso será posible ver volumes en éuscaro, catalán, italiano, francés, inglés, chinés… ou mesmo sen palabras.
Felloza pretende que os visitantes do novo espazo virtual atopen os libros que comente en librarías ou bibliotecas, e precisamente por iso clasifica as obras en categorías como a idade á que van dirixidas e os seus prezos e formatos.
Vídeo de presentación de El Libradón
Exemplo de libro analizado por Soledad Felloza no seu novo videoblog
