Sony anunciou que o seu servizo Music Unlimited powered by Qriocity está xa dispoñible a través dunha aplicación para Android en EE.UU., Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, Reino Unido, Australia, Nova Celandia e España, de xeito que o sistema de música a través de streaming que conta cun catálogo de máis de 7 millóns de cancións licenciadas de grandes selos (como Universal Music Group, Sony Music Entertainment, Warner Music Groups e EMI Music) e algunhas compañías independentes vai máis aló de certos sistemas de Sony (como a PlayStation 3) e espállase aos millóns de dispositivos con Android 2.1 ou superior.
Para acceder a Music Unlimited é preciso subscribirse a un plan básico por 3,99 euros ao mes (con certas limitacións) ou ao plan especial por 9,99 euros ao mes (o que permite a xestión e o acceso total á música do servizo de Sony). A subscrición non funcionaría só dende os dispositivos con Android, senón que tamén podería empregarse en sincronizarse con moitos outros trebellos que van dende ordenadores persoais ata reprodutores de Blu-ray e televisores, permitindo levar esta reprodución musical a múltiples ámbitos.
Sony leva o seu servizo de música por streaming a dispositivos Android
Compartir Este Artigo
