Cat Fishing consiste en atrapar aos peixes segundo van saíndo á superficieOs tablets son os dispositivos de moda, tanto para o consumo de contidos como para o lecer, pero dende Friskies entenden que non só os humanos temos dereito a xogar co iPad, e así estrearon a páxina web Games for Cats na que inclúen 3 xogos en HTML5/CSS3 para que poidan gozarse no iPad e en tablets con Android directamente dende o navegador, de xeito que os michiños poidan enredar coas cores o movemento e a mecánica de xogo destas webapps desenvolvidas para eles. Os xogos que publica Friskies na súa interesante web son Cat Fishing, Tasty Treasures Hunt e Party Mix-Up!, e son tan sinxelos como perseguir as distintas figuras que aparecen na pantalla do tablet, o que realmente parece funcionar coas pequenas mascotas, como demostran no seguinte vídeo: