
A presentación tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e contou coas intervencións de Ignacio López López, xerente e CEO de Tenis Manager S.L., que explicou as características do proxecto empresarial; José Antonio Pereiro Rodríguez, presidente da Federación Galega de Tenis, organización que vai utilizar esta ferramenta no proceso de modernización tecnolóxica da súa actividade, e de Luís García Santalla, presidente da Fundación CEL.
Os responsables do proxecto aseguran que «a idea naceu ao detectar un claro déficit de ferramentas web para a organización de torneos» (aseguran que non existe en España unha aplicación web como SportPlanner).
Ademais da aplicación de xestión de torneos SportPlanner, Tenis Manager proporcionará a través da súa páxina web unha serie de servizos de información e contacto destinados ós «profesionais dos distintos grupos que conforman o variado universo que se crea ao redor deste tipo de deportes». Así, pretende ser unha «ferramenta de uso cotián no día a día do tenista ou xogador de pádel federado, xa sexa profesional ou amateur, e das escolas e clubs de tenis e pádel». A posta en marcha dun sistema de xestión de torneos a través de Internet como SportPlanner simplificará enormemente a organización deste tipo de eventos, co consecuente aforro de custos e tempo.
Presentan en Lugo unha ferramenta web para a xestión de competicións de tenis e pádel
Compartir Este Artigo
