
Asemade, engade a firma, a boa marcha destes labores apoiouse nas vantaxes que ofrece o centro de xestión de rede 7×24, “que ofrece tempos de resolución de posibles incidencias inferiores a catro horas, ademais duns pormenorizados controis de calidade”. Estas e outras cousas postas en xogo fan que a potencia dos equipos “fique sempre por debaixo dos limiares de emisión que marca a normativa vixente”, explica Iberbanda.
Cómpre lembrar que Iberbanda é adxudicataria das axudas públicas da Xunta para equipar con banda larga ao rural do sur de Lugo e a súa contorna, ao abeiro do incluíndo na Axenda Dixital 2014.gal. Neste intre, a compañía posibilita el acceso ao servizo de banda larga a 22 concellos na provincia de Lugo (Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Taboada, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Antas de Ulla, Bóveda, Friol, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria) e a 4 concellos lindeiros da provincia de Ourense (A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Vilamarín e Parada de Sil).
Os accesos de banda larga que Iberbanda está a achegar nesta zona realízanse a través do seu selo Tngo. Tanto a web desta marca como o teléfono de balde 1630, as dúas principais canles de comunicación da compañía coa veciñanza da nosa terra, pódense empregar arestora na nosa lingua, de luns a domingo e de 8 a 24 horas.
Iberbanda xa dá servizo a unhas 500 familias do sur de Lugo
Compartir Este Artigo
