A empresa Training Channel aposta como filosofía de empresa polo talento e a formación das persoas e en épocas de crises como a actual lanza o Proxecto Crisálida para dar unha oportunidade de formación a todas aquelas persoas que están desempregadas na actualidade. O lanzamento desta iniciativa social por parte de Training Channel contribúe a pór en valor a idea de que as PEME poden cooperar coa sociedade ofrecendo algúns dos seus servizos de maneira desinteresada. O Proxecto Crisálida tamén nace coa expectativa de ser un exemplo para que outras empresas axuden na medida das súas posibilidades aos sectores da sociedade que máis o necesitan.
Con este proxecto, Training Channel promociona o acceso de balde a cursos da súa plataforma de formación entre desempregados inscritos no INEM. Así, o Proxecto Crisálida enfócase a todas as canles da grella de Training Channel: Tecnolóxico, Ofimático e Inglés. O obxectivo desta iniciativa é formar nestas áreas do coñecemento a persoas en paro. Trátase dunha oferta formativa pensada para axudar aos profesionais desocupados a obter novas habilidades e competencias que lles permitan mellorar as súas opcións laborais.
Os interesados neste proxecto deberán seguir as contas de Training Channel en Facebook e Twitter onde se irán publicando semanalmente a oferta de cursos e as prazas dispoñibles para desempregados.
As persoas interesadas deben ser demandantes de emprego na Oficina Pública de Emprego e enviar por correo electrónico a seguinte documentación: ficha de inscrición (descargable en formato Word), copia do DNI (polas dúas caras e totalmente lexible) e copia da tarxeta de demanda de emprego.
As persoas inscritas nesta promoción recibirán por correo electrónico un código (PlayCode) que lles permitirá acceder á plataforma de formación.
Training Channel principa un proxecto social de formación para desempregados
Compartir Este Artigo
