Mentres a plataforma social Google+, xa aberta para o público xeral sen invitación, camiña cara a súa consolidación, é preciso que peche a fenda existente entre as versións da súa aplicación móbil para Android e iOS, e así actualizan a ferramenta que teñen na App Store chegando á versión 1.0.4.2326 e incorporando o soporte de quedadas e videochamadas dentro dun apartado que antes chamábase Huddle e que agora responde a un nome moito máis intuitivo: Messenger. A aplicación tamén facilita o intercambio de imaxes no Messenger, marcar con +1 os comentarios, ver no perfil dos usuarios os lugares onde viviu marcados no mapa, compartir anotacións con individuos, personalizar as notificacións e corrixir fallos e mellorar o seu rendemento.
En definitiva, unha excelente actualización que engade moito valor a Google+, pois o feito de permitir a videoconferencia en móbiles Android e iPhone, e contar cunha completa solución de mensaxería grupal multi-plataforma que pode chegar a eclipsar a BlackBerry Messenger.
Google+ actualiza a súa aplicación para iOS
Compartir Este Artigo

