Cando hoxe entramos en Google para realizar algunha busca na web atopamos que no seu logotipo aparece unha torta de aniversario, pois o 27 de setembro é o día que Google elixiu para tal celebración, aínda que cómpre recoñecer que tal data é arbitraria, pois no mes de setembro foron algunhas das datas máis importantes na creación do buscador, co rexistro de Google.com o 15 de setembro de 1997 e a alta como empresa o 7 de novembro de 1998.
O primeiro doodle de aniversario en Google apareceu o 27 de setembro de 2002, con 4 veliñas sobre unha torta, actualizándose tal logotipo ano tras ano xogando con números no seu nome (que aparecía como Goog4e, Goo5le, Go6gle, Goog7e, Goo8le, Goo9le e Goog11e) e distintos deseños, que poden verse nunha galería que publicaron para a ocasión en Mashable, o que serve para rememorar a aínda vida dunha empresa que en tan pouco tempo foi quen de mudar o mundo.
Google celebra o seu 13º aniversario
Compartir Este Artigo
