Pese ás reticencias de Mark Zuckerberg para adaptar a experiencia de Facebook ao iPad como unha aplicación de seu (o fundador desta plataforma sostiña que non era precisa tal aplicación porque non consideraba ao iPad como un dispositivo móbil), finalmente a ferramenta faise oficial, e a versión 4.0 da aplicación oficial de Facebook para iOS soporta o iPad, o que achega un manexo máis áxil e completo que a propia web de Facebook dende o navegador web Safari.
Entre as vantaxes desta nova aplicación está podemos movernos entre os contidos con xestos táctiles, con fotografías de grande tamaño (nas que podemos facer zoom cos dedos e desprazarnos cun simple deslizamento lateral dun dedo), unha barra de navegación lateral que permite acceder de xeito rápido ás distintas funcionalidades de Facebook, acceso á mensaxería e ao chat e incluso ver vídeos dende a propia aplicación.
Esta versión definitiva vén a ser moi semellante á que filtrouse hai uns meses ao descubrirse que unha pequena modificación da aplicación para iPhone de Facebook facilitaba o aceso a unha versión para iPad da ferramenta.
Facebook estrea aplicación para iPad
Compartir Este Artigo

