O iOS 5 integra TwitterO pasado mércores, durante a xornada festiva en España, Cupertino lanzou a agardada actualización do seu sistema operativo para terminais móbiles, facendo posible instalar o iOS 5 en iPod Touch, iPhone e iPad (aínda que con certos problemas durante as primeiras horas) o que supón unha das actualizacións máis atractivas de iOS, por integrar de vez unha serie de funcionalidades demandadas polos usuarios durante bastante tempo, como un novo sistema de notificacións, a posibilidade de ver notificacións na pantalla de bloqueo, unha barra de notificacións semellante á de Android, a aplicación de mensaxería instantánea iMessage (para mandar mensaxes de texto, imaxes e vídeos a outros usuarios de iOS), a aplicación Quiosco que facilita a subscrición a publicacións periódicas (unha interesante evolución de iBooks), os Recordatorios, unha integración profunda de Twitter (agora podemos compartir imaxes dende a nosa galería fotográfica, a páxina web que estamos a consultar en Safari ou incluso unha posición no mapa a través da plataforma creada por Mark Zuckerberg), melloras no control da cámara do móbil (que incluso contará cun atallo na pantalla de desbloqueo), unha solución de edición básica de fotografías (para recortar, mellorar a cor, ou eliminar os ollos vermellos, antes da súa publicación), a incorporación ao navegador web Safari de listaxes de lectura (para gardar artigos que queiramos ler máis adiante) e pestanas (só dispoñibles na versión para iPad), a sincronización sen fíos e o uso de iCloud, un servizo que opta polo almacenamento dos nosos datos na nube, coas vantaxes que iso supón á hora de acceder a eses contidos a través de distintos equipos e terminais.