Research In Motion (RIM) anunciou que, para compensar dos fallos de conectividade sufridos a semana pasada, vai ofrecer de balde dende o vindeiro mércores e durante un mes un paquete de aplicacións que poderán descargarse de balde e que suman un valor superior a 100 dólares.
As aplicacións que poderán descargarse de balde a través da BlackBerry App World serán os xogos Sims 3, Bejeweled, N.O.V.A., Texas Hold’em Poker 2 e Bubble Bash 2, xunto coas ferramentas Photo Editor Ultimate, DriveSafe.ly Pro, iSpeech Translator Pro, Drive Safe.ly Enterprise, Nobex Radio Premium, Shazam Encore e Vlingo Plus: Virtual Assitant.
RIM tamén ofrecerá 1 mes de asistencia técnica de balde (ou ampliará 1 mes de servizo aos usuarios que xa a teñan contratada).
RIM compensará aos seus usuarios con aplicacións de balde
Compartir Este Artigo
