Tal e como vimos anunciando os días pasados, este venres 21 de outubro celébrase no Gran Hotel da Toxa (O Grove, Pontevedra) a dezaseis edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, unha das grandes citas dos profesionais galegos das novas canles comunicativas e que este ano contará coa presenza de importantes representantes estatais deste sector, como por exemplo o presidente da CMT, Bernardo Lorenzo, quen vén ao dito evento para achegar un relatorio sobre o papel da banda larga no ámbito da nova economía. Tamén participarán activamente os secretarios xerais de Medios e Modernización, Alfonso Cabaleiro e Mar Pereira, en representación do Goberno galego.
O evento, organizado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), reunirá a máis de 250 profesionais do devandito sector (enxeñeiros de Telecomunicacións, asociacións sectoriais, empresas, institucións públicas e privadas, etc). Ao seu abeiro, entregaranse os Premios Galicia das Telecomunicacións, uns galardóns dirixidos a salientar os traballos máis destacables en materia de esforzo a prol do afianzamento tecnolóxico da nosa terra.
Programa
O acto descorrerá do xeito que indicamos a continuación:
20:00 h. Recepción de convidados e cóctel de benvida
20:15 h. Recepción de autoridades no Gran Hotel A Toxa
20:30 h. Set de prensa- fhoto call (vestíbulo do hotel), comparecencia ante os medios de comunicación, fotografías cos premiados e breve declaración.
Orde de intervencións:
– Palabras de benvida por parte do cecano do COETG.
– Intervención da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira.
21:05 h. Acto de presentación da Nova economía sobre a banda larga:
– Proxección película Nova economía sobre a banda larga.
– Intervén: O presidente da Comisión do Mercado das Telecomunicacións, Bernardo Lorenzo Almendros.
21:30 h. Acto de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
– Premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TIC
– Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral Aplicada no Sector TIC
– Premio INEO á Mellor Aplicación TIC
– Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
– Enxeñeiro do Ano
– Socio de Honra
22:00 h. Cea de gala
A Toxa acolle este venres a Noite Galega das Telecomunicacións
Compartir Este Artigo
