Hoxe chegou ás librarías a edición en inglés da biografía de Steve Jobs elaborada por Walter Isaacson, que adiara o seu lanzamento tras o pasamento do co fundador de Apple, e que fai un repaso da vida desta relevante figura que transcendeu o sector tecnolóxico para afectar de xeito significativo a múltiples industrias do lecer. En formato físico teríamos un libro de 656 páxinas que nuns días terá unha edición en español, pero que tamén conta con versións descargables na plataforma Kindle de Amazon e, como non podía ser doutro xeito, na iBookstore para iPhone, iPad e iPod Touch (que a 12,99 euros sería a edición máis barata).

Moitos destes detalles adiantounos Walter Isaacson nunha entrevista concedida ao programa 60 Minutos da CBS:
Segunda parte do programa:
