Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), continúa a reivindicar a dignificación do traballo do seu colectivo, polo que remitiu unha carta ao director de La Voz de Galicia na que critica o uso da expresión fallo informático nunha nova publicada o pasado 4 de novembro na que resulta evidente que se está a agochar un erro humano, nesta ocasión por parte do Instituto Social da Mariña, que foxe así da responsabilidade que lle corresponde.
Suárez lamenta que o protagonista da nova padecese un problema burocrático, o que non impide que solicite a La Voz de Galicia que evite encubrir a incapacidade das institucións e organismos que gobernan os nosos destinos aducindo erros informáticos.
O CPEIG reivindica que non se encubran os erros humanos como fallos informáticos
Compartir Este Artigo
