A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago acollerá o encontro para dar a coñecer as novidades da web literariaFervenzas Literarias, páxina especializada en literatura e novidades editoriais, está este días mergullada nun exhaustivo proceso de renovación. Os motivos: os seus creadores celebran cinco anos de actividade na Rede, cousa que non parece moito para os nosos calendarios tradicionais, pero que representa todo un acontecemento para un ecosistema de evolución acelerada como é a Rede. O caso é que dende Fervenzas hai novidades que ir contando, e para darlles a máxima difusión convocouse unha xornada-celebración este xoves 1 de decembro na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, a partir das 20.00 horas. Entre outras cousas, darase visibilidade á nova web, “onde os lectores poderán atopar as seccións de sempre, contidos dinámicos e novos apartados”. A páxina, informan os seus responsables, renace coa arela de fortalecerse como a canle que une ao libre ao lector ao tempo que se promove a lectura na nosa terra. Intervirán no acto Xurxo Patiño, presidente da Federación de Libreiros de Galicia; Belén López, vicepresidenta da Asociación Galega de Editores; Carlos Negro, vogal da AELG-Compostela; Carina Fernández, directora da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela; e Nacho Alonso, director de Fervenzas Literarias.