Está previsto que o vindeiro martes a Xbox 360 actualice a súa interface de uso, para mellorar o seu control, actualizar a súa estética e incorporar o acceso a distintos servizos de televisión, de aí que hoxe, na Flagship Store de Telefónica en Madrid, a presidenta de Microsoft Ibérica, María Garaña, e o presidente de Telefónica España, Luis Miguel Gilpérez, presentaron o resultado de fusionar as tecnoloxías de Kinect e Movistar Imagenio, permitindo que os usuarios de Xbox 360 poidan gozar de 12 canles de televisión na súa consola, podendo moverse entre os mesmos con xestos e ordes de voz.
O acordo entre Movistar Imagenio e Microsoft permitirá que inicialmente os usuarios Gold españois de Xbox LIVE poidan acceder de balde durante 3 meses a Gol Televisión, Eurosport, Eurosport 2, Xtreme Sports, ESPN, Iberalia, Marca TV, Teledeporte, La 1, Canal 24h, MTV España e Canal Promocional dende a súa consola de videoxogos, canles que máis adiante precisarán dunha subscrición adicional.

Podemos facernos unha idea do que achegará esta nova plataforma de acceso aos contidos televisivos no seguinte vídeo:
Anuncian as canles televisivas de Imagenio que estarán dispoñibles a través da Xbox 360
Compartir Este Artigo
