No mes de maio Diego Mariño aproveitou a súa intervención durante a celebración do segundo aniversario de Iniciador Galicia para dar a coñecer o seu novo proxecto tras Abiquo, Ducksboard, panel de control en tempo real que serve para monitorizar métricas en liña e servizos web, que vén de abandonar a súa fase de beta pechada, abríndose ao mundo.
Durante estes últimos meses Ducksboard conseguiu sumar máis de 10.000 usuarios, o que supón unha boa base para o desenvolvemento deste negocio baseado en subscricións mensuais de pagamento (25 euros), permitindo un período de proba de 30 días e incluso a posibilidade de comercializarse como marca branca (para que os clientes unha empresa de marketing en liña poidan consultar as súas métricas en tempo real dun xeito atractivo e multiplataforma.
Para facernos unha idea do que ofrece Ducksboard podemos ver o seguinte vídeo promocional:
Diego Mariño na súa intervención en Iniciador Galicia
