A expresión musical na nosa lingua ten un novo espazo para a promoción, a tódolos niveis, na plataforma Músicaengalego, un proxecto non profesional de radio en liña dende o que poderemos ter acceso a unha manchea de cancións en galego e, tamén, de información de actualidade relacionada cos escenarios, coas descargas e coas novas producións para o mercado discográfico. Segundo nos conta a CiberIrmandade, a radio en cuestión estará aí sempre que precisemos dela: as 24 horas do día (ou máis aínda, se chegan a facer falta).
Asemade, como era de agardar, céntrase en artistas do noso país o que, en contra do que poden pensar algúns, dá para unha radio en liña coma esta e moitas máis, tal e o estado de saúde (inmellorable) da nosa creatividade musical. O obxectivo, informan, é acadar unha emisora en galego que se centre nosos grupos e solistas, complementando o miolo da proposta, a música, cun blog con información de actualidade (axenda para todo tipo de actuacións) e novas sobre certames, creacións acabadas de chegar, premios, recoñecementos internacionais da nosa música, promocións, etc.
Musicaengalego: plataforma en liña para promover a nosa música as 24 horas do día
Compartir Este Artigo
