
Para solucionalo, proponlle á comunidade internauta galega facer fronte común arredor dunha causa específica: pedirlles aos de Microsoft, responsables de Bing, que deixen de botar man de cousas que nada teñen que ver nin coa legalidade establecida nin coas normas mínimas de respecto cara aos seus usuarios galegos. A cousa aínda vai a peor, nos recorda a CiberIrmandade, se temos en conta que hai moita xente que consulta estes mapas e que alimentan servizos paralelos como Facebook, onde, de rebote, tamén hai toponimia deturpada a esgalla. “Motivos todos estes dabondo para esixírmoslles entre todas/os que adopten a toponimia correcta tal e como a teñen implementada noutros sistemas semellantes”, sinala a asociación galega. Para participarmos na campaña non hai máis que cortar o texto que se ofrece na nova da CiberIrmandade e introducilo logo no formulario para incidencias do servizo.
Campaña na Rede para que Bing corrixa as deturpacións dos nosos topónimos
Compartir Este Artigo
