Os usuarios de routers Linksys Serie E ou modem-routers Linksys Serie X poderán agora engadir novos dispositivos á súa rede sen fíos, xestionar o acceso de convidados ou mudar a configuración Wi-Fi dende o seu smartphone grazas á aplicación Cisco Connect Express, que está dispoñible de balde a través da App Store e do Android Market.
O software Cisco Connect pode empregarse habitualmente a través de ordenadores Windows e Mac, pero agora tamén será doado acceder a moitas das funcións do noso router (como forzar o seu reinicio ou actualizar o seu firmware) directamente dende o móbil, o que resulta tan cómodo como áxil.
Cisco desenvolve unha aplicación móbil para os seus routers sen fíos
Compartir Este Artigo

