Finalmente hai presenza española entre as entidades recoñecidas por LAPSI (Legal Aspects of Public Sector Information) a raíz das mellores prácticas postas en marcha no eido da Administración Electrónica e o tratamento dos datos dende as institucións do sector público. Estamos a falar de Datos.gob.es, unha achega en liña para fomentar a busca e subministro de información de valor, xerada no ámbito institucional e que poda ser de interese para a cidadanía.
A web en cuestión, posta en marcha polo Goberno de España (Ministerios de Facenda e Industria), foi premiada como o portal europeo de apertura de información “máis amigable”. Segundo informaron en Bruxelas, na entrega de galardóns, os responsables de LAPSI, proxecto financiado pola Comisión Europea, a web española destaca especialmente polo seu carácter innovador, o doado da consulta e a sinxeleza da navegación que pon en xogo, amais da súa aposta pola divulgación. En palabras do Goberno español, este recoñecemento amosa ás claras a posición do Estado como líder “no fomento dunha cultura de apertura de datos e máis de reutilización dos mesmos”.
Datos.gob.es, recoñecido como o portal europeo de datos máis amigable
Compartir Este Artigo
