A aplicación de edición de vídeo Final Cut Pro X estreouse con moita polémica por supor unha renovación total dunha das aplicacións estrela de vídeo profesional baixo Mac OS X que carecía de certas funcionalidades fundamentais para o sector profesional, o que pouco a pouco vai camiño de corrixirse, como acontece coa súa última versión, a 10.0.3, que finalmente achega a posibilidade de realizar montaxes multicámara (con ata 64 ángulos distintos) xunto con outras prestacións como a realización de chroma key dende a aplicación.
A actualización é de balde para usuarios de Final Cut Pro X, ferramenta que ten un prezo de só 239,99 euros, o que supón unha redución considerable con respecto a Final Cut Pro 7, mudando tamén o seu sistema de distribución (Final Cut Pro X está dispoñible como descarga na Mac App Store).
Final Cut Pro X incorpora edición multicámara
Compartir Este Artigo

